OS SOCIALISTAS GALEGOS RECLAMAN A IMPLANTACIÓN DUNHA AMBULANCIA MEDICALIZADA NO SALNÉS PARA IMPLANTAR UN TRANSPORTE MEDICALIZADO NA COMARCA

Os socialistas manteñen un encontro no Parlamento cos traballadores de ambulancias do Salnés
A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe a implantación dunha ambulancia medicalizada na comarca do Salnés, para atender aos 160.000 habitantes da comarca, que se duplican nos meses do verán e que hoxe carecen deste servizo.
Así o dixo logo do encontro que mantiveron hoxe os portavoces de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña e Pachi Vázquez, e a portavoz do PSdeG-PSOE de Cambados, Fátima Abal, cos traballadores de ambulancias do Salnés. Os socialistas galegos respaldaron as demandas dos traballadores, que consideran “intolerable” que unha comarca co nivel de poboación do Salnés careza a día de hoxe deste servizo.
Alertaron do prexuízo que provoca esta carencia á poboación, incrementando o tempo de atención e obrigando a facer traslados de pacientes in itinere, no camiño, para desprazalos dunha ambulancia ordinaria a unha medicalizada, cando a gravidade do caso o esixe.
Acuña sinalou que esta circunstancia sitúa aos pacientes no risco de sufrir “consecuencias fatais” dada a gravidade dos casos que teñen que atender carecendo dos medios necesarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.