
Segundo fin de semana consecutivo de alegrías para os competidores do Club Vital Sport Cambados. Na mañá do sábado día 7, celebrouse no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra, a fase provincial do Campionato Escolar de Combate, no que participaron 175 deportistas de toda a provincia.
O Club Vital Sport Cambados, e o seu asociado o Club Gym Vital de Caldas de Reis, acudiron a cita con tres competidores, facendo pleno de medallas, o que supón unha grande satisfacción tanto para o Club como para a súa adestradora Noelia Gómez, conseguindo, no caso de Sebastián Medranda, medalla de Oro, o cal gañou o primeiro posto do podio tras disputar a final da categoría Infantil en peso Gallo, competindo contra outro competidor do Club Vital Sport Cambados, Alberto Mosteiro, que obtivo a segunda praza, medalla de Prata, e, no caso de Gabriel Oubiña, tamén excelente actuación conseguindo a terceira praza na categoría Infantil, en peso Minigalo, tendo este o mérito engadido de ser a súa estrea en competición na modalidade de combate.
Agora estes tres deportistas prepararán a súa estrea nun campionato Autonómico, ao terse clasificado para o Campionato Escolar Galego de Combate, que se celebrará o día 30 de maio na localidade de Villalba (Lugo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.