Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de marzo de 2015

LOUZÁN TRANQUILO ANTES DE ENTRAR NO XULGADO





O presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial, Rafael Louzán, asegurou este mércores que non se sente preocupado por ter que comparecer nos xulgados en relación a un suposto delito de suborno e reiterou ante os medios de comunicación a súa "absoluta e total colaboración" coa xustiza. "Estarei para todo o que se me pida", engadiu.

Ás portas dos xulgados de Cambados (Pontevedra), onde acudiu para comparecer xunto coa súa esposa, e o deputado provincial do PP e concelleiro de Pazos de BorbénSeverino RegueraLouzán explicou que toda a documentación requirida ata a data polo xuíz en relación a este caso "foi achegada con moita rotundidade e claridade".

Así mesmo, o presidente provincial lamentou que o proceso se estea a dilatar no tempo por "cuestións técnicas como esta comparecencia", aínda que engadiu que hai que cumprir as normas e os tempos" que se "impoñen". Sobre o resultado da súa comparecencia deste mércores, sinalou que "o avogado" lle transmite "tranquilidade", pero que "dependerá como sempre da decisión que hoxe tome o xuíz".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.