
Co oficio practicamente no sangue, Xosé Manuel Piñeiro herdou a profesión de seu pai. Un traballo case en extinción. É un dos poucos ferreiros en artes de pesca que quedan. Dedícase a fabricar rastros, forquitas e raños para os mariscadores da ría de Arousa. Comezou de rapaz e xa leva máis de 30 nunha profesión da que indica que é necesaria.
O seu pai, xa retirado, recorda que cando el exercía, o traballo daba para vivir ben.
Son case os últimos superviventes dunha profesión que parece que rexeitan as novas xeracións. Máis este feito semella non preocuparlles.
Lembra Xosé Manuel que na familia do seu pai eran ferreiros pero ninguén máis sigueo co oficio coma el, adícanse a facer portáis, balcóns e outras cousas.
Constrúe pezas que só poden facerse á man.O seu taller é coñecido en todo Cambados e incluso veñen a el persoas doutros puntos da costa galega. A pesar de que a demanda existe, Xosé Manuel pregúntase se a liñaxe profesional á que pertence, acabará con el.
Info e imaxes:TVG
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.