Nunca unha obra subvencionadas pola Diputación dou para tantas reunións no despacho do Alcalde de Cambados.
Como dixo Jack "the Ripper", imos por partes.
A obra en cuestión ou duas máis ben, son a renovación integral do pavimento e na construción de beirarrúas nunha marxe da vía, que dá acceso ao colexio, o campo de fútbol de Burgáns e a adega Martín Códax que está por executar e outra xa feita como foi o asfaltado dun camiño lateral a adega antes mencionada. Segundo algún veciño, o Concello quere expropiar terreos aos veciños para as beirarrúas sen pagar un euro.
Os pequenos adegueiros levan moito tempo queimados coa corporación local, polo que consideran unha burla sistemática cara as pequenas adegas.
So hai que recordar os continuos desplantes que reciben os pequenos adegueiros. A viaxe, acompañando ao Alcalde, a Italia do Concelleiro de Obras, xerente dunha adega, para tentar defender a candidatura de Cidade Europea do Viño 2014, ou estas obras que facilitan os accesos a Martín Códax e son rápidamente solucionados, pero que cando se trata das peticións dos pequenos adegueiros non se atenden teñen a xente "moi queimada".
Por certo este concelleiro foi defenestrado na sua función como edil de Obras e Urbanismo", toda vez que non aparece cando se fala de obras en Cambados.
Imaxe:"Alza La Voz" |
Pero como sempre boas palabras e poucas ou ningunha acción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.