Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de marzo de 2015

"ACHÉGATE A FÁTIMA ABAL" ESTE VENRES EN VILARIÑO





Os socialistas de Cambados continúan coas xuntanzas “achégaTE a Fátima Abal”: a vindeira este venres en Vilariño

Despois da xuntanza realizada en Oubiña, a cal foi calificada como “moi productiva” pola candidata socialista á alcaldía, é o turno da parroquia de Vilariño, onde Fátima Abal chama á participación veciñal.
Para eso, está convocada unha xuntanza o vindeiro venres, 27 de marzo, ás 20:30h. no centro cultural de Vilariño. Esta será unha reunión aberta a todos os veciños e veciñas, os cales poderán opinar, debatir, propoñer e falar de todo o que afecte, dunha ou doutra forma, a esta zona.
Fátima Abal explica que “os veciños e veciñas son quenes mellor coñecen o seu entorno e, polo tanto, a súa participación é fundamental para a súa mellora e transformación. Cada zona ten as súas potencialidades, por eso queremos convidar a todas as persoas a falar das particularidades específicas de esa zona.”
“Ten que haber un contacto directo entre os políticos e o resto da cidadanía, xa que a nosa tarefa consiste en buscar solucións aos problemas das persoas. Por eso queremos que os cambadeses e cambadesas sexan os protagonistas do seu propio futuro, con iniciativas como os presupostos participativos, os cales presentamos recentemente, e outras moitas encamiñadas á participación veciñal.”


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.