Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
11 de marzo de 2015
A VERDADE DA SUSPENSIÓN DA CAMPAÑA DE AQUAFIT E ZONA CENTRO
As queixas dos dous ximnasios (VitalSport e Mister Gim) de Cambados están detrás da decisión da asociación de comerciantes Zona Centro de suspender a campaña que iniciou este mes pola cal regalaba entre os seus clientes entradas gratuítas ao ximnasio e a piscina municipais, situadas no Pombal. Os dous negocios, que ademais pertencen á asociación, ven esta iniciativa como competencia desleal de forma que a directiva decideu anulala.
Os responsables destas dúas empresas e os directivos de Zona Centro celebraron unha reunión o luns pola noite e achegaron posturas, ata o extremo de que se acordou inicialmente ampliar o convenio con Aquafit aos dous ximnasios.
Na reunión do martes entre Zona Centro e Aquafit buscouse infrutuosamente unha fórmula para que puidesen participar os dous ximnasios, que o luns pola noite manifestaron que non podían asumir os termos de actuación como a de Aquafit, que ía sortear un mínimo de 500 euros en vales de compra entre os seus subscritores, e entregar 30 euros, tamén en vales de compra a gastar nos establecementos de Zona Centro, entre os que se desen de alta na piscina. Polo que propuxeron uns decontos nas matrículas aos socios que presentaran uns vales de compra en establecementos adheridos a Zona Centro. Quen finalmente quen se retirou da campañao martes pola tarde foi Aquafit por razóns que se ignoran.
A oferta dos dous ximnasios era a de gratuidade de matrículas e descontos nas cotas dos dous ximnasios durante varios meses, tanto a clientes novos como aos que xa o son, ao obter o cupón correspondente nos establecementos de Zona Centro e entregalo en calquera dos dous ximnasios, oferta que en valor, como mínimo, igualaba á cantidade económica ofertada por Aquafit, en valor do diñeiro total que supoñerían os descontos aos clientes.
O mesmo martes a Asociación enviou unha nota de prensa, que publicamos con anterioridade e na que explica o porque non se leva a cabo a campaña pero que non se descartan outras vinvuladas ao deporte nun futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.