O Departamento de Orientación do I.E.S. Asorey programa para o vindeiro xoves 19 unha Charla Divulgativa sobre a Prevención de "Conductas Infractoras".A charla está dirixida para os alumnos de 3º da ESO.
O obxectivo do Programa KTORCE-18 é o de informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores aos seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas, co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.O Programa KTORCE-18 está promovido pola asociación ARELA e a Fundación Barrié.
Ofrece charlas divulgativas para alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO, de 100 minutos de duración. As charlas pretenden, a través dunha metololoxía dinámica, previr as condutas infractoras máis salientables nos adolescentes (o acoso escolar, o uso inadecuado das redes sociais ou das imaxes dos seus amigos e compañeiros, a violencia no ámbito doméstico,…), explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.