O CONCELLO DE CAMBADOS SEGUE SEN DAR ACCESO Á DOCUMENTACIÓN SOLICITADA POLO PSOE E DE NOVO TERÁ QUE SER O XUÍZ O QUE MEDIE
Os Socialistas presentaron un escrito o día 20 de xaneiro solicitando o acceso ó Expediente Administrativo do Proceso de Selección de persoal convocado mediante Resolución o 2 de abril de 2007.
“Non tivemos ningún tipo de oposición por parte do Concello para a exhibición do expediente e concertouse unha data para ir velo. Cando fomos na data sinalada non o puidemos ver porque había que ir a buscalo ó arquivo, e como confundiron a data na que íamos ir, non o tiñan preparado e concertamos acudir outro día. Fomos novamente ó Concello no día sinalado e ensináronnos una parte do expediente e outra parte que non correspondía ó proceso do 2007 senón ó do 2004, polo que voltamos a modificar a data para ir ver o expediente. Voltamos por terceira vez e cando nos ían dar a documentación a persoa encargada de traelo, tivo que ausentarse do Concello por motivos persoais, así que acordamos voltar novamente este luns, por cuarta vez. Tampouco o puidemos ver porque a persoa encargada de darnos o Expediente non foi traballar porque se lle estropeu o coche. Esto supera toda a esperpenticidade e surrealismo que unha persoa se pode imaxinar dentro dun Concello serio a día de hoxe” afirma Fátima Abal.
“E despois o Alcalde afirma que se cumpre o Código de Bo Goberno e que o noso é un Concello transparente. Facer ir á oposición ata en catro ocasións para ver un expediente que aínda non puidemos ver, despois de telo solicitado por escrito desde hai máis dun mes, parécenos que non é un exemplo nin de bo goberno nin de transparencia. Os motivos polos que non nos dan acceso ó expediente son un pitorreo en toda regra que non estamos dispostos a seguir aguantando, unha cousa e ter paciencia e ser comprensibles e outra moi diferente é que a unha a tomen por idiota, non llo consinto a ninguén, conozco os meus dereitos e non dudarei en exercitalos”
Por este motivo, os Socialistas pensan que non lles queda outra opción que ir ó Xuzgado para que sexa o xuíz o que solicite esta documentación e así lle sexa entregada.
Este expediente é o relativo ó proceso de selección de persoal convocado no ano 2007, que a pesares de que foi publicado e foron moitas as persoas as que presentaron a solicitude e pagaron as oportunas taxas, nunca se chegou a publicar unha lista de admitidos nin excluídos, nin tampouco se levou a cabo a súa revocación. No seu lugar foron contratados uns interinos mediante una entrevista persoal que aínda seguen a día de hoxe nese posto. Moitos deles se verán moi beneficiados coa nova Modificación da relación de Postos de traballo que o PP ven de aprobar definitivamente nun Pleno extraordinario neste mes de febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.