Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
27 de febrero de 2015
O PARTIDO POPULAR: NIN VERGONZA NIN CRITERIO
A donde chega a sinvergozonería do PP?
En Cambados onte no pleno votábanse duas mocións sobre a Hepatite C, unha do PSOE e a outra do B.N.G. e ámbalas duas foron rexeitadas pola maioría do PP.
Horas antes na Deputación votárase unha proposta igual e fora aprobada por unanimidade, e decir que os populares apoiaran a proposta. Nesta votación o "señor" Louzán ausentouse.
Pero esta non é a excepción. Nos concellos da bisbarra se votaran mocións de apoio aos afectados polas Preferentes e non en todos, os grupos votaran a favor, pero nun Pleno da Mancomunidade do Salnés dous alcaldes, concretamente o de Vilagarcía e a de Sanxenxo, Tomás Fole e Catalina González votaran a favor cando nos seus concellos votaran en contra.
Ou como a cambadesa Rosa Oubiña votou no Parlamento de Galicia o contrario do que votaran os seus compañeiros de Cambados no caso das Preferentes tamén. E coma ela o resto de deputados in-populares.
Esta so é unha pequena mostra pero cousas así parecen normais no PP.
1 comentario:
repugnante
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.