Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de febrero de 2015

CORES TOURÍS CUMPLE O PARIPÉ COS HUMIDAIS DE CAMBADOS





O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o espazo intermareal do Umia en Cambados para celebrar o Día Mundial dos Humidais.

O delegado territorial estivo acompañado do alcalde, Luis Aragunde, e do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez.
“Coas actividades programadas búscase fomentar a sensibilización das persoas acerca da interdependencia da auga e os humidais, indicar medios adecuados para que os diferentes grupos de interesados compartan a auga dunha maneira equitativa e lograr que se comprenda que sen brañas non habería auga. Este son os obxectivos fundamentais do Día Mundial dos Humidais 2015”, explicou Cores Tourís.

O delegado territorial recordou que os humidais son as extensións de marismas, pantanos e turbeiras ou superficies cubertas de augas, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces, salobres ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña cuxa profundidade en marea baixa non exceda de seis metros.
O que non fixo foi visitar a senda que o concello construída, cos cartos dos contribuíntes, hai uns anos na marxe esquerda do Umia ao seu paso por Cambados, desde Covas de Lobos e que está completamente abandonada e desfeita, como vedes nas imaxes.
Habería que recordarlle a Tourís e ao resto dos acompañantes que o dia de hoxe é simbólico e que o coidado dos humedais debe facerse todos os dias do ano.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.