A formación que lidera Fátima Abal faise eco das queixas realizadas por varios colectivos veciñais, que alertan do grave perigo que supón cruzar a estrada xeral para acceder á marquesiña de autobuses situada cerca do cruce da Bouza na parroquia de Castrelo. Por este motivo, os socialistas veñen de rexistrar un escrito no que instan ao Concello a tomar medidas para solucionar o risco existente nesta zona.
“Unha vez máis –sinala Fátima Abal- vemos como a deixadez do noso Alcalde pon en serio risco aos veciños e veciñas do noso pobo. Non é o único punto perigoso no que hai serio risco de atropelos, polo que lle esixímos ao alcalde que actúe dunha vez, e que tome medidas para evitar que ocorra algún accidente”
Os socialistas sinalan que no cruce da Bouza (Castrelo), que comunica a zona do Facho coa estrada xeral, están situadas sendas marquesiñas de autobuses, e que a única forma de acceder a elas é cruzando por unha estrada xeral co risco que elo conleva xa que os vehículos circulan a altas velocidades por dita vía.
Segundo Fátima Abal “o único motivo polo que esta situación non se arregla é simplemente pola falta de vontade política de Luís Aragunde, a quen se ve o pouco que lle importa a seguridade dos seus veciños. Non é un asunto difícil, simplemente cun paso de peóns regulado por semáforos se podería poñer fin a un risco innecesario. Só fai falta vontade de poñelo ou de instar a quen corresponda que o faga”.
Os socialistas solicitan tamén ante o Pleno no punto de Rogos e posteriormente no de Preguntas Escritas, que se busque unha solución ó problema que supón o paso de peóns do Pombal, na intersección coa Rúa Sevilla, xa que nun breve espazo de tempo foron atropeladas ata tres persoas no momento de cruzar por riba do paso de peóns. Neste senso, o Concello tamén fai oídos xordos…
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.