Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de enero de 2015

HOXE EN "LARPEIROS" DA TVG, CAMBADOS






Hoxe, os “Larpeiros” (22.05 horas) manterán hoxe unha animada conversa sobre unha cousa ben rica da que todos son fans nesta casa: a centola. Nesta ocasión, están todos dispostos a cociñar con ela e cando falan de cociñar non se refiren a cocela e comela, senón que pensan facer algo diferente. Son moitas as ideas que pasan polas súas cabezas e algunhas ben orixinais, como empanada de centola, croquetas, salpicón e mesmo unhas filloas recheas de centola.
Coa axuda de Lola, don Benigno fará unha receita moi típica no País Vasco que deixará os seus compañeiros abraiados: centola ao forno, coa carne posta toda na cuncha para despois darlle un toque máxico. Merchi e Leni tamén porán a súa imaxinación a voar e elaborarán un pastel de centola.
Unha vez decidido que a centola será a raíña absoluta do menú desta semana, Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, irá a Cambados co obxectivo de converterse en todo un experto na pesca da centola, para o que contará coa axuda de José Luís. Terá que traballar como un mariñeiro máis se quere levarlles ao resto dos comensais unhas centolas á altura da ocasión.

Mírao aquí

Fonte:TVG

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.