Este Rías Baixas, elaborado por Adegas Martín Códax, segundo informa a empresa, foi elixido polos asociados da Aepev nunha votación a dobre volta entre case 640 marcas propostas na primeira fase do concurso, das que só unha cuarta parte pasaron á final.
O premio será recibido o próximo 10 de abril no curso dunha comida de gala que se celebrará en Montilla (Córdoba) e ao que teñen anunciada a súa asistencia tanto as autoridades da provincia coma as xuntas directivas da Aepev e da Federación Internacional de Xornalistas e Escritores do Viño e Espirituosos (Fijev) á que pertence esta asociación.
Dirixida por María Isabel Mijares, a Aepev é unha sociedade sen ánimo de lucro que abrangue territorialmente a totalidade de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.