I esta mañán, precisamente estes mariñeiros foron o centro nos primeiros
instantes das intervencións dos principais responsables parlamentarios. Todos amosaron o seu pesar por estas desaparicións, pero houbo quen foi máis alá e mesmo frivolizou cun asunto tan sensible. Ao escoitar ao sinvergonza de Feijóo, reménxeselle as entrañas a calquera.
De feito, e tras a mensaxe de solidariedade, o presidente galego, xa
durante a súa intervención na sesión de control ao Goberno na Cámara,
comparou ás mareas cidadás que se están organizando nas distintas
cidades galegas, coas mareas que matan mariñeiros.
"Para nós o único que producen as mareas é a morte dos mariñeiros,
esa é a única marea que nos preocupa", dixo Feijóo ao referirse a estas
plataformas sociais. Una comparación que non sentou nada ben entre os
grupos da oposición que mesmo o acabaron increpando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.