
Deixadez e abandono. Así cualifican dende o BNG a situación na que a Xunta ten á comarca do Salnés.
Os orzamentos do 2015 non contemplan ningunha partida para o Hospital do Salnés. Os nacionalistas presentaran unha emenda que foi desbotada onte polos populares no Parlamento. Por iso cren que chegou o momento da presión cidadá.
Dende o BNG non cren xa nos prazos dados dende a Xunta. A conselleira anunciara que a obra estaría adxudicada antes de finais de novembro; a día 4 de decembro, non hai noticia algunha. Tamén insistiron en que os traballos arrancarían no 2014.
Reclaman para O Salnés o mesmo tratamento que outras áreas sanitarias, e advirten de que non renuncian a esixir unha UCI e un hospital de día para o Hospital comarcal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.