Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de diciembre de 2014

A VIEIRA ESCASEA EN PLENA CAMPAÑA DE NADAL





A vieira é un dos produtos máis demandados nas mesas durante o Nadal. Un produto que entrou a formar parte das especies que escasean na ría de Arousa.
Se as previsións pasaban por traballar ata 4.000 quilos ao día, o luns capturaron 1.700. Esperan que coa apertura de novos bancos haxa máis vieira.
As vieiras, un produto tan apreciado durante estas datas, forma parte das especies que escasean na ría de Arousa. Este produto non sae dos fondos na cantidade prevista polo porto de Cambados. Se as previsións eran de capturar ata 4.000 quilos, nas últimas horas os barcos trouxeron 1.700, gran parte do problema está en que só está aberta unha zona para a extracción.

A demanda de vieira é enorme e grazas ao aprovisionamento que fixeron nos primeiros días de extracción, poden satisfacer a demanda dos clientes de todo o ano.
En Cambados agardan que para os días fortes do Nadal poidan extraer vieiras en novas zonas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.