Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de noviembre de 2014

VOTACIÓNS EN PODEMOS






Punto de votación para os Candidatos a Asmablea Cidadán de Podemos Cambados.
 

Hoxe venres, día 14 de Novembro, haberá en Cambados a un punto de votación para os
Candidatos da Asamblea Cidadán de Podemos no Centro Cultural da Merced de Cambados de
18:30 a 20:30 horas.
As principais finalidades de este punto de votación e poder axudar a aquelas persoas que queiran
participar no proceso de selección de membros da Asamblea Cidadán, do Órgano de Garantías e do
Secretario Xeral de Podemos a nivel do Estado, e que teñan dificultades a hora de poder facelo ou non dispoñan dos medios técnicos precisos para facelo dende os seus fogares.
Dende Podemos Cambados queren informar aos veciños dos pasos que hai que facer para poder participar na escolla aos órganos de representación de Podemos a nivel do Estado e animar a que a xente poida participar neste novedoso sistema democrático a través das redes, e así que poidan comprobar de primeira man como se fai o proceso de escolla destes membros por parte da cidadanía. Tamén informaremos dos distintos candidatos aos órganos que se presentan e axudarán tecnicamente a aquelas persoas que así o precisen. Este novedoso sistema de escolla de representantes non e máis que acercar a cidadanía a forma de escoller os membros dos órganos de representación da organización política Podemos, aberto a todos os veciños e na que calquera persoa pode participar.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.