O percorrido comeza no cemiterio de San Amaro, na Coruña, que conta con 200 anos de historia e atesoura un gran valor cultural, histórico e artístico. Neste camposanto están soterrados galegos ilustres como Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Curros Enríquez e Wenceslao Fernández Flórez.
O espazo da TVG tamén visitou o cemiterio de Fisterra, deseñado polo arquitecto César Portela, que destaca pola súa orixinalidade e pola súa privilexiada situación aos pés do faro da localidade. Este conxunto acumula desde a súa construción numerosos premios e galardóns a nivel mundial.
Finalmente, o programa fai un percorrido nocturno polo cemiterio de San Froilán, en Lugo, que se está a promover como un elemento máis do patrimonio da cidade, dada a riqueza das construcións funerarias que alberga o recinto e en consonancia coa progresiva desaparición do tabú supersticioso que pesa sobre os lugares de enterramento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.