Dende Podemos Cambados informan de que esta aberto o proceso de presentación de Candidaturas para a escolla posterior do Secretario Xeral de Podemos Cambados, este proceso forma parte do novo documento Organizativo aprobado na Asamblea Cidadán celebrada en Madrid e no que pode participar calquera veciño inscrito en Podemos.info e que este empadroado no municipio de Cambados . A principal finalidade de este proceso é a escolla dun Secretario Xeral do Circulo de Podemos Cambados e que permita adaptar a Asamblea de Cambados o novo documento Organizativo aprobado na Asamblea Cidadán. Unha vez que a persoa que este interesado en optar a ser elixido como candidato a Secretario Xeral de Podemos Cambados se inscriba na web habilitada como tal, precisa ter o Aval da súa candidatura a través dunha Asamblea local que se celebrara antes do vindeiro 30 de Novembro, e no que os distintos candidatos a optar a ser elixidos como candidatos a Secretario Xeral de Podemos Cambados defenderan as súas propostas para que democraticamente a Asamblea respalde a través do seu Aval a que considere mais idónea. Dende Podemos Cambados queremos informar aos veciños dos pasos que precisa facer para poder participar na escolla aos órganos de representación de Podemos Cambados, para o cargo de Secretario Xeral, e no caso de ter algún tipo de dificultade a hora de poder facer a súa proposta facilitarlle no que sexa posible a posibilidade da súa presentación, para que esta escolla sexa o mais democrática posible e as persoas que queiran optar a este cargo de representación da Asamblea poidan participar en igualdade de condicións.
Tamén informaremos dos distintos procesos que debe realizar as persoas interesadas en presentarse a Secretaria Xeral de Podemos Cambados, así como facilitaremos a quen o precise unha serie de guías para poder realizar tódolos pasos precisos para participar neste proceso. Polo que animamos a aquelas persoas que queiran participar como membros electos na escolla de Secretario Xeral e queiran facer a súa presentación a este cargo, a que se precisan calquera tipo de axuda ou información se poñan en contacto coa Asamblea de Podemos Cambados no correo electrónico Podemoscambados@gmail.com ou ven a través das redes sociais, e estaremos dispostos a facilitarlle toda a información precisa para realizar este tramite. Lembrar que as candidaturas a secretario Xeral que se presenten precisan ter o respaldo da Asamblea Local a través do seu Aval, e que o prazo para presentar a candidatura para optar a este cargo remata o vindeiro 30 de Novembro, e que se trata dun proceso totalmente aberto a cidadanía, co único requisito de asinar e cumprir o Documento Ético de Podemos, estar inscrito en Podemos.info e empadroado no municipio de Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.