
Afirma que “é sorprendente que un Policía Local do Corpo cambadés reciba un premio pola súa traxectoria de máis de 25 anos e o día que recibe a medalla ós 25 anos de servicio, o Concello non lle facilite o uniforme de Gala, sen dar explicación algunha. Será por qué non hai cartos para ese uniforme ou será porque ese uniforme era para un traballador co que Alcalde non fai moitas migas por ter fama de ter sido militante socialista?”
A resposta non se saberá, pois unha vez máis o Concello de Cambados non respondeu á solicitude por escrito deste traballador solicitando o uniforme de Gala. Como outras veces tampouco respondeu ós escritos presentados polos veciños da Avenida da Pastora ou ós da rúa Infantas, entre outros moitos, a pesares de dicir que sí cumplen o Código de Bo Goberno, como así o manifestaron no último Pleno. Unha vez máis, Luis Aragunde volve a mentir.
‘’A Aragunde debería darlle vergoña que o Policía Local cambadés non dispuxese do traxe de gala, aínda que pola súa ausencia no acto entendo que non considera importante o galardón”, engadiu.
Por outra banda, a voceira socialista afirma que “a Disposición Adicional segunda da Lei 4/2007 de Coordinación de Policías Locais obrigaba á integración dos membros do Corpo da Policía Local que se encontren en situación de interinidade nun prazo de dous anos, norma que non foi cumprida polo Goberno Local, polo que eses membros da Policía Local non contan cun horizonte laboral despexado. Non entendemos por qué Aragunde non regularizou aínda a situación destes Policías interinos, porque tivo sete anos para facelo e non quixo, pedirémoslle que o explique no próximo pleno. Aínda que dubidamos que o faga, e que unha vez máis, o Alcalde minta nas súas respostas ou que directamente non nos conteste como fixo no último Pleno”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.