Máis dunha vintena de bodegas deron vida a este concurso que pretende frear as cifras do último estudo elaborado polo observatorio do viño. As mesmas revelan que España se consolida como o principal produtor a nivel europeo pero non así no referente ao consumo, onde acada os últimos postos da lista.
Forma parte dunha cultura milenaria e queren seguir mantendo viva esta tradición. A través desta cata amateur feita en Cambados pretenden fomentar o consumo responsable dos nosos viños.
O consumo de viño descendeu en España de maneira considerable respecto a outros países produtores de Europa. Algo que moitos non entenden cando somos os primeiros a nivel de produción.
Máis de cen persoas participaron nesta cata. Paralelamente a esta actividade o Museo Etnográfico do Viño celebrou unha xornada de portas abertas para conmemorar este día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.