Para quen vai ser a distinción que dias pasados o Tenente Alcalde Antonio Iglesias Pombo, recolleu (terceiro premio) do concurso Cementerios de España no apartado de mellor monumento arquitectónico, outorgado a Santa Mariña Dozo?.
Haberá que recordar que en numerosas ocasións desde o Concello se dixo por activa e por pasiva que o Cemiterio non era municipal.
Haberá que recordar que o Concello se encarga do mantemento da parte nova do cemiterio en contadas ocasións como é nas datas de Todos os Santos e pouco máis.Que se quere crear unha comisión para ter un bo mantemento do camposanto e que desde o Concello non queren saber nada.
Haberá que recordar que so se coida o que son as Ruinas de Santa Mariña por ser Monumento Nacional, o resto e labor dos familiares dos defuntos que alí están soterrados.
Creemos que a distinción debe ser compartida coa Parroquia e cos parroquianos.
A dia de hoxe non sabemos que vai facer o Concello pero deberían entregar a distinción á parroquia e aos cambadeses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.