O sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia a falsa austeridade do goberno do PP, que mantén as partidas destes convenios coas mesmas contías que no 2011.
A Consellería de Economía e Industria publica no DOG do 27 de febreiro os convenios subscritos no último cuatrimestre do 2012 no que aparecen outros 300.000 € para diferentes grupos editoriais de prensa galega. Esta asignación únese aos 450.000 € do resto deste tipo de convenios que subscribiu esta consellaría durante o ano 2012 (DOG de 2 de novembro).
O gasto total desagregado sería de 150.000 € para cada unha das 5 seguintes entidades: Editorial Compostela, S.A.,La Voz de Galicia, S.A., El Progeso de Lugo, S.L., El Faro de Vigo, S.A. e La Región, S.A.
Este tipo de convenios resultan moi polémicos dada a súa finalidade: difundir actuacións da consellaría a cambio de cartos. “Basicamente é un instrumento legal que teñen as distintas consellarías para incrementar a súa publicidade institucional e ter de man diversos medios”, subliñan.
Porén cuestionan que malia a súa legalidade, “non resulta moral que se manteñan intactos este tipo de gastos na situación actual de recortes en educación, sanidade, despedimentos, reducións salariais, perda de dereitos…”.
Subliñan que non se pode consentir que “parte dos esforzos que nos piden vaian destinados a esta finalidade que a sociedade entende perfectamente prescindible fronte ao mantemento dos servizos públicos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.