Todo aquel que solicitara axudas do concello para material escolar poderán consultar o listado de beneficiarios con esta axuda no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na Biblioteca Municipal onde estará exposto ao público as adxudicacións das axudas para material escolar para o curso 2014/2015.
Así se publica na web do Concello.
Como mostra a imaxe na que se ve claramente que pon "libros de texto e material escolar", o Concello comete o rro de incluir libros de texto, cando nas bases desta convocatoria dise que estas axudas son incompatibles con outras. Haberá que recordarlle que a Xunta da axudas para libros de texto e cumplindo os requisitos esixidos a meirande parte dos solicitantes recibiron a axuda. E quen non a recibeu é sobre todo, polos altos ingresos que tiñan as familias. Por certo si non houbera axudas da Xunta que farían as máis de 300 familias a os que non se concedeu nin un euro por parte do Concello?.
Pero desto escribiremos outro dia.
Por suposto non criticamos a quen as recibe porque hai xente que entende moi mal as cousas. Por certo a nota ven asinada con data de mañán sábado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.