Ante o comunicado que se publicou no portal da Consellería de Educación o día 23 de setembro de 2014, o Equipo Directivo do CEP A. Magariños xunto con todo o profesorado do centro acorda realizar as seguintes declaracións:
- As clases de E.F non se están impartindo con normalidade, non pola reticencia dalgún profesor, senón porque o centro non dispón de instalacións adecuadas que reúnan as condicións de seguridade (imaxe do patio un día de chuvia) e, concretamente neste curso, porque xa están iniciadas as obras de mellora e temos todo o patio valado e pechado para calquera uso do mesmo.
- A empresa adxudicataria estivo no centro a primeira semana de setembro para aillar a zona, establecendo o perímetro de seguridade, desmontou o tellado e non volveu polo centro. Dende o inicio das clases temos o patio inaccesible, pero coas obras paralizadas á espera de que lles sirvan os materiais. Cunha mellor planificación poderiamos ter utilizado o patio polo menos nesta primeira quincena de setembro.
- O centro non dispón de patio alternativo cuberto no que poida impartirse a área de Educación Física (non reune as condición mínimas para impartir esta área), tal e como se indica na información da Consellería. O patio “alternativo” linda ademais coas ventás das aulas de 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºB, é dicir a metade das aulas do colexio, polo que causaría moitas interferencias si se estivese fóra impartindo E. Física. O Consello Escolar, na reunión celebrada o 31 de xaneiro de 2013, abordou esta posibilidade e non se considerou viable.
- Somos o equipo directivo e o conxunto do profesorado os que intentamos reducir ao mínimo as molestias causadas polas obras en período lectivo, para o que houbo que modificar as entradas, saídas, turnos de recreos, alteración da hora de ler no Plan Lector, usos de cuartos de baño e da Biblioteca, etc .
- A Consellería comprometeuse coa comunidade educativa en agosto de 2011 a investir 386.000€ na mellora do centro, dos cales a mellora da pista cuberta e do patio de xogos suporían, segundo publica a propia Consellería na web oficial, un investimento superior aos 200.000 €. Deses 200.000 € comprometidos so van investirse algo máis de 50.000€, e non se da resposta ás demandas da Comunidade educativa: O Consello Escolar na sesión celebrada o 31 de decembro de 2013 solicitou, por unanimidade, a preparación das instalación deportivas acordes co Real Decreto 132/2010. As obras que se van realizar non cumplen os mínimos establecidos nese Decreto e nin siquera se contempla nas mesmas a mellora do pavimento.
É por isto, que o Equipo Directivo xunto co claustro, non entende e mostra o seu disgusto ante o comunicado da Consellería publicado directamente na páxina web oficial, portal que achega información que se supón importante para toda a comunidade educativa de Galicia e que non debe ser usado do xeito que se fixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.