Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de octubre de 2014

O BNG PIDE MÁIS DATOS SOBRE O VERTIDO DAS TOUZAS DE SAN ALBERTO.




O pasado 30 de setembro reuniuse a Comisión de Pesca do Parlamento Galego para tratar a iniciativa do BNG relacionada co vertido contaminante que a mediados do mes de agosto se produciu nunha zona de Tragove que ía ser incluída no plan de explotación marisqueira da Confraría de Cambados. En dita Comisión compareceu o presidente de Augas de Galicia para dar explicacións dos feitos, aínda quen non alcarou  nin a orixe do vertido nin o tipo de contaminante que orixinou unha gran mortalidade de diferentes especies marisqueiras, pero si fixo mención a que este tipo de sucesos contaminantes eran de competencia municipal, polo que solicita que sexan contestadas as seguintes cuestións:
1.- Ten o concello algunha información relevante, referente a este caso, que non fora desvelada na pasada Comisión de Pesca do Parlamento Galego?
2.- Que actuacións realizou, ata o de agora, o concello para tratar de dar solución a este suceso contaminante?

3.- Que tipo de coordinación existiu entre o concello de Cambados e Augas de Galicia, para tratar de resolver este caso?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.