Cambados e O Pombal volverán experimentar sensacións de Prata. Tras cecáis pagar o pato da inexperiencia no debut, o grupo de Yago Casal (quinta tempada no club) afrontará a súa segunda aventura en Prata cos deberes máis feitos e con xogadores importantes da campaña pasada levando o timón dentro e fóra do vestiario. Cambados incorporou a medio plantilla nova e ademáis estranxeira, o que levará o seu proceso de adaptación. Con sabor internacional, Xuventude Cambados mantén a metade do plantel da campaña anterior, pero o dobre de ilusión por facer un bo papel e cecáis esta vez si, alcanzar os playoffs.
O HISTÓRICO CHUFI, UN ANO MÁIS
O buque insignia da categoría, Alberto "Chufi" Rodríguez -xogador con máis partidos da historia na Adecco Prata-, volverá bailar na pintura con 39 anos e tras unha tremenda tempada o ano anterior, con varios MVP. Será un dos catro xogadores de orixe española integrados nunha plantilla, con pouco sabor hispano. Baixo os aros terá o apoio neste caso de dous xogadores da canteira de Breogán e Estudantes de Lugo: Nkaloulou e Nakidjim, do Congo e Chad, aínda que ambos levan anos en España. O segundo estivo nas categorías inferiores do Real Madrid e posteriormente do Estudiantes de Madrid. No caso do cubano Taylor, cumprirá a súa sexta tempada no club, polo que o seu papel de foráneo é moi relativo.
AS PROBAS, POSITIVAS
Tres amistosos xogou xa o equipo de Yago Casal en pretemporada, cunha vitoria e dúas derrotas. Estas últimas foron ante os rivais veciños da Adecco Ouro e competindo de forma máis que notable. De feito, Cambados caeu na Copa Galicia ante Ourense na prórroga, e ante Básquet Coruña tamén realizou un gran papel. Este fin de semana tocará o Barcelos de Portugal e posiblemente antes de que empece a competición o 4 de outubro, o conxunto cambadés realizará algunha proba máis, que aínda non ten confirmada.
PRETEMPORADA:
Arrancou o día 25 de agosto.
De momento, 4 amistosos previstos. Aparte un encontro co Obradoiro a porta pechada
Cambados 50 – Dragon Force Oporto 48
Cambados 68 – COB 79 (Copa Galicia)
Básquet Coruña 71 – Cambados 66
Barcelos Portugal – Cambados hoxe.
ALTAS:
Quintela, Ramljak, Bolin, Nkaloulou, Green y Nakidjim
BAIXAS:
Merino, A. García, Mamadou Diop, Mato, Caetano, Rey, Mbagne Diop
Arrancou o día 25 de agosto.
De momento, 4 amistosos previstos. Aparte un encontro co Obradoiro a porta pechada
Cambados 50 – Dragon Force Oporto 48
Cambados 68 – COB 79 (Copa Galicia)
Básquet Coruña 71 – Cambados 66
Barcelos Portugal – Cambados hoxe.
ALTAS:
Quintela, Ramljak, Bolin, Nkaloulou, Green y Nakidjim
BAIXAS:
Merino, A. García, Mamadou Diop, Mato, Caetano, Rey, Mbagne Diop
| NOMBRE | ALT | IDADE | POSTO | NAC | PROCE |
| Juan Martín Orellano | 1,99 | 25 | base | ARX/ESP | Cambados |
| Lucas Vaquero | 1,85 | 25 | base | ESP | Cambados |
| Taylor Douglas | 1,82 | 27 | base-escolta | CUB | Cambados |
| Emilio Oubiña | 1,82 | 24 | escolta | ESP | Cambados |
| Alberto Rodríguez | 2,04 | 39 | pívot | ESP | Cambados |
| Erik Quintela | 1,85 | 23 | base | ESP | Maia Basket |
Tim Whitworth | 1,91 | 23 | alero | USA/SUE | Suecia |
| Askel Bolin | 2,00 | 24 | alero | NOR | N. Illinois |
| Charles Nkaloulou | 2,02 | 20 | ala-pívot | CON | Breogán |
| Placide Nakidjim | 2,06 | 20 | pívot | CHA | Estudiantes |
| Will Green | 2,00 | 23 | ala-pívot | USA | Stetson U. |
| Adestrador: Yago Casal | 5ªtempada |

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.