Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de septiembre de 2014

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS SEGUIRÁN ADIANTE. DENUNCIARÁN NOS XULGADOS



Os socialistas de Cambados denunciarán ante o Xulgado os pagos do concello por horas extras

Lamentan que o Fiscal Xefe de Pontevedra descargue sobre a Interventora do Concello a responsabilidade de denunciar as irregularidades nos pagos das nóminas


Os socialistas  de Cambados lamentan que o Fiscal Xefe de Pontevedra decidira o archivo da denuncia presentada polo seu portavoz municipal o pasado día dous de setembro do que foron conocedores hoxe mesmo.
Fátima Abal voceira municipal do PSdeG-PSOE de Cambados acudiu o pasado día dous a Fiscalía de Pontevedra para poñer no seu conocemento os continuos reparos ao pago de horas extras que cobran certos traballadores do Concello así como a existencia de contratos temporales que se renovan anualmente. Nun escrito datado o pasado día 8 de setembro, o Fiscal Juan Carlos Aladro decidiu archivar a denuncia dos socialistas, “nunha rapidez desconocida dunha institución xudicial sen facer tan siquera ningunha investigación sobre o denunciado”, sinalou Fátima Abal.

Igualmente a voceira socialista calificou o decreto do Fiscal Xefe como pobre na súa argumentación xa que reconocendo que, din textualmente, “sin duda supone una acumulación de irregularidades puestas de manifiesto por la intervención municipal” ao non ser denunciadas pola funcionaria en cuestión á fiscalía entende que non existe delito.
En todo caso, e según contempla a lexislación vixente os socialistas de Cambados anuncian que van presentar denuncia ante ante un Xulgado de Instrucción polos mesmos feitos postos en conocemento da Fiscalía
    





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.