Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de septiembre de 2014

O PP DE CAMBADOS VIVE UN DOS SEUS PEORES MOMENTOS





Tempos convulsos no PP de Cambados.


Despois da denuncia ante a Fiscalía presentada polos Socialistas de Cambados todo tipo de rumores corren polas filas populares. 
Hai un sector dentro do partido que pide a gritos a volta de Tourís, cousa que non se producirá salvo fuxida do actual alcalde. Tamén se comenta a falla dun equipo que respalde ao alcalde pois o resto de concelleiros son pouco menos que figurantes.
Os adegueiros están que se botan as paredes ante o "premio" dado a un concelleiro en forma de capa de Cabaleiro para evitar a demisión de este e amosar fendas no partido.
Traballadores do concello enfrentados os uns cos outros e lanzando "bulos" para desprestixiarse e gañar puntos.

O asunto da RPT que ten enfrontados a Policía Local e alcalde.
O asunto das extras e os enchufes, trae cola. Sobre todo sabendo que hai 11 interinos, algúns dos cales deben levar anos traballando no concello e 10 plazas vacantes (varias de operarios e limpiadoras)  que non se cubren polo que, os servizos prestados polo concello non son proporcionais aos impostos que pagamos.

O alcalde está nervioso e teme que a política de enchufismo do partido, acrecentada co alcalde anterior e aumentando progresivamente acabe por pasarlle factura. Por certo culpa ao seu predecesor de todo esto. 
Si todos os cambadeses tiveran acceso aos soldos, horas extras e trienios ( os interinos tamén cobran trienios) quedarían asustados.  







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.