Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de septiembre de 2014

O B.N.G. PREGUNTA POR UNS PANEIS SOLARES



ONDE ESTÁN OS PANEIS DA PISCINA?

O B.N.G. DE CAMBADOS nun escrito presentado hoxe no concello pregunta sobre a posible existencia de paneis solares para instalar na piscina municipal, non contestadas no pleno de xuño e tampouco foron contestadas no último pleno ordinario do mes de agosto. A razón de facer estas preguntas é que ata o BNG chegou información de que realmente existían os citados paneis desde hai tempo e que se encontran almacenados e sen colocar. De ser isto certo, o BNG non entende como sendo o gran gasto enerxético da piscina o principal problema para xestionala sen que produza perdas económicas, como non se aplicou unha medida (instalación de paneis solares) que podería reducir o consumo enerxético e, polo tanto, conseguir un aforro dos gastos de mantemento que está a pagar o concello.


Neste escrito piden, en definitiva, que sexan contestadas as preguntas do BNG realizadas no pleno ordinario de xuño, en relación á existencia de paneis solares para instalar na piscina municipal.






            

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.