Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de septiembre de 2014

O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO POLAS OBRAS NOS CENTROS DOCENTES DE CAMBADOS





Montserrat Prado Cores e Cosme Pombo Rodríguez, deputada e deputado 
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG), formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, e oral en comisión, relativa á situación de dous centros educativos no concello de Cambados.

Nestes días están saído nos medios de comunicación diversas noticias sobre retrasos en obras a realizar en dous centros educativos do concello de Cambados, o IES Ramón Cabanillas e o CEP Antonio Magariños, obras que provocan unha grande incomodidade ás comunidades educativas dos devanditos centros públicos e unha modificación no funcionamentos normal das actividades lectivas.
As obras dos dous centros foron anunciadas repetidas veces por diversos responsábeis do Partido Popular, alcalde, delegado territorial, xefe territorial de 
educación, presidente da deputación, etc..., coa presenza propagandística e mediática coa que adoitan adornar os anuncios de obras, inauguracións ou outro tipo de actuacións ou futuras actuacións que se consideran positivas, chegándose incluso a anunciar, promesas que sempre foron seguidas de retrasos e máis retrasos até chegar á situación actual na que no mellor dos casos, se estas obras se chegan a rematar, o alumnado de ambos centros terá que convivir con elas cando houbo tempo paraacometelasou cando menos para inicialas nos meses do verán coas aulas baleiras.
O pasado martes na páxina web institucional da Consellería de Educación 
publícase unha nota na que se chega a acusar a profesorado dun deses centros escolares, o CEP Antonio Magariños de ser responsábel de que o alumnado non tivera actividades de educación física cando é sabido pola administración e por toda a comunidade educativa do Centro, o perigo que supoñía e sigue supoñendo para o alumnado e para o profesorado realizar educación física nas condicións nas que están as instalacións.
O Partido Popular esta cruzando liñas vermellas, ao usar a páxina web 
institucional da Consellaría como si se tratara do “seu medio de información privado” para omitir opinión e non información, e para atreverse a responsabilizar ao profesorado do que é a Consellaría a única responsábel. Opinión porque a afirmación que alí se fai de que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade” non está avalada por ningún informe nin comunicación aos responsábeis do Centro de que isto era así.


Polas razóns expostas formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta
escrita:
1. Cal é a previsión de remate das obras que está previsto acometer no 
CEP Antonio Magariños e no IES Ramón Cabanillas?
2. En que situación están as obras de ambos centros a día de hoxe?
3. Que medidas están previstas ou están xa en execución para que a 
actividade escolar se vexa afectada o mínimo polas obras garantindo que o alumnado 
reciba as ensinanzas correspondentes?
4. Dispón a Consellaría algún informe técnico que avale a afirmación feita 
na web oficial da mesma a respecto do CEP Magariños de que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade ”? De ser así, en que data se realizou o mesmo?
5. Comunicóuselle @s responsábeis do CEP Magariños en algún momento 
que a Consellaría se responsabilizaba do que puidera suceder coa seguridade d@s nen@s xa que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade ”?






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.