Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de septiembre de 2014

MÁIS GASTO EN "LA VUELTA"




A Deputación organiza catro grandes concertos nos concellos de saída e chegada das dúas etapas da Volta que discorrerán pola provincia, unhas actuacións que se suman ó macroespectáculo que pechará en Santiago de Compostela o percorrido da caravana ciclista.

Por si non foran suficientes os gastos que xenera traer "La Vuelta", Louzán embárcase na aventura dos concertos: Neste mes no que as familias teñen que facer un gran desembolso pola volta ao cole, Louzán nin corto nin perezoso aumenta o gasto coa peregrina excusa do turismo. Alguén lembra de onde saiu ""La Vuelta"? pois imaxinade unha etapa normal. 
  • Mércores 10 de setembro 
  • Orquestra Panorama, na Estrada (praza de Galicia), ás 22:00 h
  • Xoves 11 de setembro 
  • Orquestra París de Noia,  Meis (Campo da Feira, O Mosteiro), ás 22:00h 
  • Orquestra Panorama, en Salvaterra de Miño (recinto amurallado, praza do Castelo), ás 23:00 h
  • Venres 12 de setembro 
  • Carlos Jean, en Cangas (explanada  Ojea, detrás do Concello), ás 22:30 h


1 comentario:

Anónimo dijo...

Todo lo que sea gasto público que repercute ebanistas la economía de los comercios locales lo veo muy bien

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.