Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2014

CAMBADOS NA TVG O PROGRAMA LARPEIROS ADICA UNHA PARTE A CAMBADOS




Resumo ofrecido pola TVG
O programa (22.05 h.) aprenderá en Cambados todos os segredos da pesca con nasa deste cefalópodo 
Os comensais do programa “Larpeiros” manterán esta noite unha animada conversa sobre un bicho moi feo, pero tamén moi rico, como é o polbo. Moitos pregúntanse como lle podemos ter tanto aprecio a un bicho con oito patas, agrisado e coa cabeza branda. A resposta é moi sinxela: polo seu sabor. Quen non tolea por un bo polbo á feira ou guisado, como o fan en Mugardos e na Illa de Ons? Tamén en empanada ou con fabas é un bocado exquisito.

Como de polbo vai a cousa, o cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, proporá un xantar en que este cefalópodo, tan prezado polos “Larpeiros”, sexa a grande estrela: un arroz meloso con polbo. Trátase dun arroz tradicional, que Carlos vai facer coa auga de cocer o polbo para que sexa aínda máis saboroso.

Para isto, Adrián collerá desta volta rumbo a Cambados, onde, da man de José Luis, aprenderá todos os segredos da pesca do polbo con nasa. Así que terá botar man das súas habilidades como pescador se quere saír vitorioso da loita cos polbos, uns animais moi listos e aínda máis escorregadizos.
Pero de volta na casa estarao agardando unha sorpresa: a torta fría de piña coa que Merche e Leni agasallarán o resto dos “Larpeiros”.

FOTOS+INFO:TVG



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.