Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de septiembre de 2014

APARECE MÁIS MATERIAL ROUBADO POLA BANDA DESARTELLADA ONTE





En total, detivo 10 persoas da comarca do Salnés que se dedicaban a asaltar vivendas, instalacións deportivas, colexios e xacementos arqueolóxicos na bisbarra.

Aínda segue chegando material incautado nos rexistros da operación. En moitos casos non é de gran valor económico. É parte do que lles quedou aos presuntos ladróns sen vender, pero sérvelles ás vítimas dos roubos para identificar obxectos e así os investigadores saben cales son os asaltos que perpetraron. 

O seu botín está composto por rozadoras, amasadoras, sulfatadoras, arpóns, electrodomésticos de todo tipo, motobombas... 

Un gran número de obxectos que ateigan dous garaxes. Todo é froito de roubos cometidos nos últimos catro anos no Salnés. 

A investigación, que foi desenvolvida por axentes do posto de Cambados, rematou coa detención de dez persoas e a recuperación do material supostamente roubado en vivendas, garaxes, colexios e ata depósitos arqueolóxicos nos concellos de Cambados, Ribadumia, Meis, Meaño e Vilanova. 

A dous dos arrestados impútaselles tamén un delito de tráfico de drogas, pois nun rexistro apareceron varias planta de marihuana.
O seu xeito de actuar ía variando. Primeiro roubaban en construcións e casas deshabitadas, como na zona do Terrón en Vilanova onde supostamente asaltaron 8 residencias de veraneo. Pero ultimamente xa entraban en vivendas ocupadas. Aproveitaban as saídas e ausencias dos propietarios da vivenda para levar o mobiliario e os electrodomésticos. En época de vendima mesmo chegaron a levar de noite uvas albariñas que despois lle vendían ilegalmente a algunha adega. 

Tamén foron vítimas deste grupo seis granxas, das cales os presuntos ladróns levaron ferramentas e mesmo animais. Porcos, galiñas e becerros dos que dous xa foron devoltos aos seus donos.

Xa foron postos a disposición do xulgado de instrución número 2 de Cambados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.