Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de septiembre de 2014

A CAMPAÑA DE LIBRE MARISQUEO NA RIA DE AROUSA AMENAZADA





Non hai marisco nos Lombos do Ulla; con esta nova, comezarán o mércores a campaña de libre marisqueo os mariscadores da Arousa. Os patróns maiores dos dous lados da Ría reuníronse en Carril con técnicos da Consellería do Mar para intentar coñecer a orixe da alta mortandade do berberecho, e tamén da ameixa deste banco.
O próximo mércores reábrese a campaña marisqueira nos bancos de libre marisqueo da Ría de Arousa; principalmente nos Lombos do Ulla, aínda que tamén hai quen se achega ó Bohído ou a Cabío. Pero este ano as expectativas son peores que nunca tralos informes dos científicos nos que revelan unha alta mortaldade de bivalvos. Reuníronse na delegación da Consellería do Mar en Carril os patróns da Arousa que se amosan altamente preocupados por esta situación. Os técnicos do departamento autonómico sinalaron o virus da marteilia como principal axente mortal do berberecho; unha explicación que non xustifica a morte tamén das ameixas. Moitos mariñeiros culpan as obras do AVE desta mortandade. Para paliar os efectos desta situación e tamén para limpar os fondos, os patróns maiores propuxeron ó Executivo Autonómico volver a traballar o “relojito”.
Aseguran que fixeron unhas análises na Universidade nas que se reflicten contido de chumbo moi por debaixo do permitido; o que faría deste bilvalvo un bó complemento para facer o xornal do día. Queren que a Consellería realice as súas propias análises, que de seren positivas, levarían a unha apertura desta especie. Estes patróns volverán a reunirse con técnicos de Mar a vindeira semana, unha vez que comproben sobre o terreo o estado deste banco marisqueiro dos Lombos do Ulla.


Información Canalriasbaixas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.