Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de septiembre de 2014

A CAMPAÑA DA VIEIRA PÓDESE ADIANTAR GRAZAS AO TRABALLO DOS NOVOS XESTORES





A Confraría de Cambados e a empresa Porto de Cambados veñen de realizar unha primeira mostraxe da vieira, para ver se poden abrir a campaña extractiva en breve. Á falta da contraanálise, sector e empresa comercializadora agardan que remita a toxina co fin de poder comezar cando antes a traballar esta especie, e poder así satisfacer a alta demanda que teñen.
De seren positivas estas analises significaría a apertura temperá da campaña deste producto na Arousa. O poder comezar a campaña extractiva a primeiros de outubro o sector e a empresa comercializadora Mar de Cambados poderían ser quen de satisfacer toda a demanda crecente existente, tralo éxito das
últimas campañas promocionais levadas a cabo. Serían uns corenta barcos con base en Cambados os que se dedicarían a coller vieira na Ría de Arousa baixo o mesmo sistema de traballo e comercialización que en anos anteriores. O Intecmar podería entregar os resultados destas mostraxes esta semana que, no caso de ser positivos, implicaría a necesidade dunha segunda contraanálise; co que, no mellor dos casos, podería ser cuestión dun par de semanas a nova apertura da campaña de vieira.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.