Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de agosto de 2014

SI AGARDAMOS ANOS, PORQUE NON UN PAR DE MESES MÁIS?





O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou o concello de Cambados para analizar co alcalde do municipio, Luis Aragunde, as obras de mellora da instalación eléctrica que se están a realizar no IES Ramón Cabanillas e para dar a coñecer o inicio das obras na cuberta do CEIP Antonio Magariños.
As traballos no Cabanillas supuxeron un investimento de 46.519,66 euros e atopábanse como prioritarias dentro dos proxectos a executar pola Xefatura Territorial de Cultura e Educación.

En canto ao Colexio Magariños  o delegado territorial da Xunta en Pontevedra anunciou así mesmo a contratación da nova obra de mellora e adecuación da cuberta da pista polideportiva do CEIP Antonio Magariños.
“O colexio está formado por dous patios e un deses patios está cuberto e destinado a un uso de pista deportiva. Co paso do tempo esta pista deportiva cuberta deteriorouse, tanto no cerramento exterior como na cuberta existente, o que provocou que non se poida desenvolver a actividade para a que foi proxectada”.
Anos de retraso
Os traballos consistirán na substitución dos materiais da cuberta existente por panel sándwich nervado, no reforzo da estrutura existente e na substitución do material utilizado no cerramento exterior nas partes onde xa existe e na colocación dun novo nas zonas que se atopaban abertas. “Desta forma, a pista polideportiva quedará pechada en todo o seu perímetro”, comentou o delegado territorial, que engadiu que, ademais, “na fachada sur colocaranse dúas portas de acceso á pista”. O que non di Cores Tourís é que as obras están pendentes desde hai anos e que non fai moitos meses díxose que as obras empezaría no verán unha vez rematado o curso e imos camiño de que empece o 2015 sen ter rematada a obra.

Estas obras foron contratadas por un presuposto de máis de 76.000 euros e comezarán nos próximos días segundo Cores Tourís.
Anos e anos retrasando a obra por falta de cartos e resulta que con 76.000 euros arránxase o problema. Será que hai que estirar as obras para decir que se fixo esto ou aquelo no mes de maio que estará máis recente nas memorias dos amigos votantes?.



 

1 comentario:

Anónimo dijo...

cambados cheira xa a elecions municipales,obras por todos lados,noticias en la prensa todos los dias de se esta haciendo se va hacer,postos de traballo a montes e moreas...¿que estaban os cartos enterrados todos e aparecen a escasos meses das elecions?¿e depois das elecions que?outros 4 anos si facer nada,estos deben de pensar ca xente e parba

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.