
Dentro da campaña para denunciar o enchufismo no Concello de Cambados temos que facernos esta pregunta.
Porque se contrata a xente que aínda sendo de Cambados leva anos vivindo fora do noso concello, as razóns son o de menos, e pagando os seus impostos nestes concellos de adopción mentras xente de Cambados e que reside en Cambados non ten esa posibilidade.
Nestes intres duas persoas alomenos residentes fora do noso concello están a traballar en Cambados coa particularidade de que un deles xa foi contratado en varias ocasións e o outro o curriculum que presentou foi aos seus pais montando "un Cristo" no Concello para que a contrataran. Decir que a xente presente nese momento no concello "sinteu vergoña allea" do comportamento destes pais e das palabras que alí se escoitaron.
Por outro lado, decir que aínda que os teus fillos estuden en Cambados e ti sexas do povo pero polos mesmos motivos que os anteriores vivas fora de Cambados, non se beneficiarán das axudas que o Concello, da para material escolar.
Porqué esta discriminación?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.