Hai aproximadamente un mes que se celebrou a Festa do Albariño do ano 2014 e o BNG, como ven facendo habitualmente, quere solicitar ao goberno municipal unha serie de informacións relativas a este evento, desexando que nesta ocasión a información facilitada ao BNG se axuste ao que realmente pide (agardando que o PP se aplique esa transparencia que tanto esixe aos demais) e que non siga ocultando o que debería ser coñecido por todos/as os cidadáns e cidadás. Tamén sería desexable que a información solicitada fora entregada antes do inicio do ano 2015; polo que piden que se facilite ao BNG 3 aos cambadeses a seguinte información:
1.- Gastos orixinados pola organización
da Festa do Albariño 2014.
2.- Axudas económicas
facilitadas polas Administracións Públicas (diferentes Consellerías da Xunta e
Deputación) para a organización deste evento (cantidades recibidas e orixe das
mesmas).
3.- Listado de convidados ao Xantar
do Albariño (listado de todas aquelas persoas que asistiron ao Xantar
convidados polo concello e a razón pola que foron convidados).
Para todo elo presentaron un escrito onte no concello pedindo o anterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.