Na ría de Arousa houbo varios operativos que deron como resultado a incautación de 672 aparellos e o comiso de preto de 172 quilos de distintas especies de peixe e marisco. A actuación máis relevante foi na Mesa do Con, na que se incautaron 184 nasas e 38 cacharros de plástico para polbo e se comisaron 64 quilos de nécora e polbo.
Por outra banda, na ría de Vigo os gardacostas requisaron 100 nasas, 50 metros de artes de enmalle e máis de 50 quilos de peixe e marisco, a maioría polbo. O operativo máis destacado foi en Cíes, no que os axentes incautaron as 100 nasas e 15 quilos de polbo.
A ría de Ferrol tamén foi escenario de varios operativos que se saldaron coa incautación de 83 aparellos de pesca, a maioría nasas que non estaban correctamente sinalizadas, e 22 quilos de marisco, a maioría polbo. Os axentes tamén requisaron 150 metros de artes de enmalle.
Por outra banda, nun operativo na ría do Barqueiro os axentes comisaron máis de 3 quilos de peixe e noutra actuación de control de comercialización realizada en Ourense en colaboración co Seprona da Garda Civil requisaron máis de 3 quilos de peixe de talla antirregulamentaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.