Desde o sector mexilloeiro estan convencidos de que Francia utiliza as alertas sanitarias como unha guerra comercial. Unha estratexia de desprestixio para frear a importación de mexillón galego.
"Estamos soportando que Francia de xeito sistemático unha ou dúas veces cada ano manifeste unha alerta sanitaria sobre o mexillón galego sen achegar datos e a trazabilidade do produto", asegura o cambadés Javier Blanco, presidente da asociación de mexilloeiros Virxe do Rosario.
A alerta sanitaria centrará a xuntanza de hoxe da mesa do mexillón. O sector pediralle á Xunta que lle esixa a Francia indemnizacións polos prexuízos causados.
"O que lle imos demandar á Xunta de Galicia é que denuncie a Francia e lle pida danos e prexuízos, e que defenda os intereses do conxunto do sector mexilloeiro ante estas denuncias que non teñen fundamento", di Javier Blanco.
Os produtores insisten en que en 50 anos nunca se detectou ningún caso de intoxicación por consumo de mexillón con toxina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.