Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de agosto de 2014

CALENDARIO ELECTORAL DA FEDERACIÓNS PROVINCIAIS E GALEGA DE CONFRARÍAS





O Diario Oficial de Galicia publicou o calendario electoral para a renovación dos órganos de goberno das federacións provinciais e da Federación Galega de Confrarías de Pescadores aprobado pola Xunta Electoral constituída para os procesos electorais nunha sesión celebrada o pasado día 11 de agosto.
Dito proceso electoral desenvolverase entre o 20 de setembro e o 23 de outubro do presente ano empezando pola elección do Comité Executivo e do/da presidente/a de cada federación provincial de confrarías de pescadores e finalizando coa toma de posesión dos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Calendario electoral
- 20 de setembro: elección do Comité Executivo e do/da presidente/a de cada federación provincial de confrarías de pescadores.
- 22 de setembro: inicio do prazo de presentación de recursos sobre a elección do Comité Executivo e do/da presidente/a de cada federación provincial ante a Xunta Electoral.
- 24 de setembro: fin do prazo de presentación de recursos sobre a elección do Comité Executivo e do/da presidente/a de cada federación provincial ante a Xunta Electoral.
- 30 de setembro: fin do prazo para a resolución de recursos sobre a elección do Comité Executivo e do/da presidente/a de cada federación provincial ante a Xunta Electoral.
- 1 de outubro: proclamación definitiva dos órganos reitores das federacións provinciais de confrarías de pescadores.
- 2 de outubro: toma de posesión dos órganos reitores das federacións provinciais de confrarías de pescadores.
- 11 de outubro: celebración do Pleno da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, no cal se procederá á elección dos seus órganos de goberno.
- 13 de outubro: inicio do prazo de presentación de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación Galega de Confrarías de Pescadores ante 
a Xunta Electoral.
- 15 de outubro: fin do prazo de presentación de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación Galega de Confrarías de Pescadores ante a Xunta Electoral.
- 21 de outubro: fin do prazo para a resolución de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
- 22 de outubro: proclamación definitiva dos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
- 23 de outubro: toma de posesión dos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.