Con respecto a isto, declarou que Xuventudes Socialistas non permitirá que se trate de impoñer" ao conxunto da sociedade "un fanatismo fundamentalista", cando a sociedade galega "ía polo bo camiño". Ademais, criticou que o Partido Popular presenta "moita fachada e pouca práctica" e que "din unha cosa pero votan outra", nas campañas de defensa da comunidade LGTB.
"No último ano aprobáronse leis perjudiciales anti-LGTB en varios países", denuncian XS, unhas normas que declaran, que "poden fomentar a homofobia e ter efectos moi tóxicos na vida da xente".
Por iso, Xuventudes Socialistas manifestan que están "en contra de todo tipo de discriminación", ben sexa por cuestións de sexo, raza, relixión ou orientación sexual. Así, rexeitan as lei de Rusia, na que se prohibe calquera tipo de manifestación pública de diversidad sexual, ou a de Uganda, onde a homosexualidad condénase con cadea perpetua.
De feito, o cartel de promoción desta campaña, que inclúe manifestacións e homenaxes, é unha imaxe trucada dos presidentes destes dous países, Vladímir Putin e Yoweri Museveni, vestidos con coiro negro e tocándose mutuamente as nádegas en actitude cariñosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.