Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2014

SOCIALISTAS DE CAMBADOS CONTRA O DESPILFARRO DO XANTAR






  Ano tras ano os socialistas de Cambados veñen amosando o desacordo co despilfarro de cartos que se produce co motivo do Xantar do Albariño, no que o PP invita a amigos, simpatizantes, militantes, cargos políticos, interventores e apoderados do PP,  nun alarde presuntuoso de boa situación económica e entenden que de compensación de votos.
Así o volve a por de manifesto nun nota de prensa a portavoz do grupo socialista, Fátima Abal.   Parece un despilfarro sempre, pero este momento, no que moitas familias de Cambados están a pasar unha situación tan difícil, na que en moitos casos non poden chegar a fin de mes debido a alta tasa de paro e as subidas de tasas e impostos municipais, parécelles, ademáis, unha burla cara a eles.
Son moitas as familias que en Cambados están cobrando a RISGA, un número ademáis moi alto se o comparamos con outros Concellos veciños en proporción coa poboación. Están a pasar auténticas dificultades todos os meses polo que lles parece unha auténtica esperpenticidade, que sexamos os cambadeses os que nos teñamos que facer cargo dos pratos da enchenta que se come e se bebe ese día.

  Prosegue a nota dos socialistas....“Se o Partido Popular de Cambados quere facer un Xantar, que o faga, pero con cargo ó Partido Popular, non ós cambadeses. Que non se parapete na Festa do Albariño para facer un banquete que lles saia gratis e que pagamos todos. Que non poñan de excusa  ó bipartito nin ó goberno de Zapatero. A mala xestión do goberno de Aragunde fai que situacións tan esperpénticas como as que se viven ano tras ano no domingo do Albariño en Cambados, sigan manténdose a pesar da situación que vivimos“.
  O PSOE de Cambados recibíu dúas das tres invitacións que nos correspondían, invitacións que por suposto rexeitamos, porque a nosa conciencia non nos permitiría disfrutar dese Xantar cando coñecemos a tantas familias cambadesas que o están a pasar tan mal sobre todo agora no verán, cando os seus fillos non poden comer no comedor escolar. No noso Concello, non se habilitaron, como se fixo noutros, comedores escolares para aqueles nenos e nenas que durante o verán non poden facer unha comida diaria nin se amplía a partida de emerxencia social dos Servizos Sociais do Concello.
  Pola contra, o Alcalde, prefire que se produza a imaxe tan dantesca, de ver a tanta xente comendo e bebendo á costa dos cartos de todos e todas os veciños e veciñas de Cambados, cando moitos deles non poden pagar os seus recibos nin dar de comer ós seus propios fillos e teñen que recibir axudas como a RISGA ou percibir alimentos proporcionados por Amigos de Galicia ou por Cáritas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.