Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
8 de julio de 2014
RUPERTO COSTA NOVO PATRÓN MAIOR DE CAMBADOS
Ruperto Costa, Perto, un armador do raño, será o novo patrón maior de Cambados tras case quince anos de "goberno" de Benito González Sineiro. Decidírono os integrantes da xunta xeral cambadesa constituída case integramente polos integrantes da candidatura pola Rexeneración Democrática. Nesta xuntanza acordaron tamén que a vicepatrona
sexa María José Cacabelos, mariscadora e durante anos Presidenta da Asociación Guimatur; e o segundo vicepatrón Baldomero Domínguez, da lista de armadores da pesca de baixura. Con todo, para que estes nomeamentos sexan oficiais haberá que agardar o correspondente proceso de alegacións; ata o día 26 deste mes, cando as novas directivas poidan tomar posesión dos seus cargos.
Esta nova directiva ten a obriga de dar unha viraxe completa a política oscurantista do anterior equipo directivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.