Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2014

15 ANIVERSARIO DO RIF ROCK






En xullo cumpre 15 anos o Rif-Rock!!
E aquí tedes o programa especial que nos teñen preparado para celebralo.

Venres 11 Xullo
NORTHERN LIGHTS
en concerto dende as 23:30h.
+ sesións de KURCO & MARINOCHA!!

Sábado 12 Xullo
BREAKIN' BONES
en concerto dende as 23:30h.
+ sesión de MICHI CALAMBRES!!.

A comezos de xullo do 2014 o Rif-Rock cumpre 15 anos, dende aquel 1999 que abriron as portas. Para celebralo con todos, esto é o que nos teñen preparado, todo concentrado nun mesmo fin de semana, o venres 11 e o sábado 12 de Xullo, coma sempre con varias propostas de música en directo e as súas correspondentes sesións.

15º ANIVERSARIO do RIF-ROCK!!


O Venres 11 vos presentamos en directo ós NORTHERN LIGHTS. Unha nova banda surxida da banda de surf 4 Waves, cunha nova proposta, cun formato de dúo acústico, e que se lanzan a facer os seus propios temas. Non vos perdades a súa estrea mundial.
E despois co concerto teremos ós dous máis habituais na nosa cabina: Marinocha & Kurco SoundSystem!! Non sei que máis lle podedes pedir a un venres!!

E o Sábado 12, noite por todo o alto, coa mellor banda de psychobilly do pais. Volven ós BREAKIN' BONES ó Rif-Rock!! Para nós é todo un luxo que unha das nosas bandas favoritas estén nesta data tan sinalada. Si xa os coñecedes repetides seguro, e se vos falaron do seu show, seguro que non vo-lo perdedes.
Para redondear a noite o noso gurú Michi Calambres tomará os mandos da nosa cabina, para outra das súas espectaculares sesións.

Non vo-lo perdades! Promete ser un fin de semana bestial!!
http://rifrockerz.blogspot.com.es/

 Info+imaxes: RIF-ROCK

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.