O pasado luns os socialistas de Cambados mantiveron unha reunión cos traballadores da piscina, na que explicaban a situación tan dura que están a vivir xa que levan tres meses sen cobrar os seus salarios.
Imaxe; La Voz de Galicia |
Como xa manifestou por escrito no Concello hai uns meses Xuventudes Socialistas de Cambados, os socialistas queren que sexa o Concello o que leve a xestión da piscina.
“Os Concellos deben ser “prestadores de servicios“ para o pobo, para iso están os Concellos, para prestar servizos ós cidadáns, non para gañar cartos a costa deles. Non é de recibo que cando unha cousa non da beneficios se queira privatizar, esta é a maneira que ten de pensar o PP, todo aquelo que non proporciona un beneficio, e só é prestación de servicio, ten que ser privatizado. Así nolo están a demostrar con todo o que están a facer en Sanidade, Educación, Rexistros Civís, Servizos de Augas...“
Os socialistas de Cambados están de parte dos trraballadores da piscina que teñen que facer fronte ós seus gastos, a pesares de levar tres meses traballando gratis. O propietario da empresa, tampouco da a cara e o Concello de Cambados en lugar de esixir responsabilidades, e poñerse de parte dos traballadores, o que fai e anunciar en prensa a axudicación a unha empresa mentres non se leva a cabo a concesión. Cousa que non foi comunicada ós propios traballadores nin representantes destes e polo tanto asunto éste que da lugar a moitas dúbidas e a moitos interrogantes.
No próximo Pleno que se celebrará no mes de agosto, os Socialistas defenderán unha vez máis que a xestión sexa levada a cabo polo Concello de Cambados e preguntarán para que de xeito pormenorizado se explique cómo se vai solucionar este problema e cómo se vai axudar ós empregados, tamén se preguntará que é o que vai pasar se ningunha empresa se fai cargo da piscina.
As consecuencias do peche da psicina, nese caso, serían totalmente nefastas para todo o noso pobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.