Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de julio de 2014

OS DOUS VINDEIROS DOMINGOS TAMÉN OSTRAS E ALBARIÑO





Imaxen TVG
Ostras regadas con albariño. É a proposta gastronómica que esta fin de semana pasada chegou a Cambados, capital deste viño, pero tamén primeiro produtor deste molusco en España. Unha maridaxe gastronómica que o concello e productores queren converter nun reclamo turístico máis.


Comer ostras regadas con viño albariño, o mellor branco do mundo, é, segundo os gastrónomos máis esixentes, un auténtico pracer para os sentidos. Unha maridaxe perfecta que non deixa indiferente a quen a proba e máis se pode degustarse nun marco incomparable coma é o de Cambados.

Imaxen "La Voz de Galicia"

Unha proposta gastronómica que quere converterse nun atractivo turístico máis para visitar este concello, que é capital do albariño pero tamén o primeiro produtor de ostra en España.

Con datos contrastados, sabemos que o 90 por cento das ostras que se comen en España son de Cambados".

Se queren probar esta combinación exquisita poden facelo tamén  os dous próximos domingos en Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.