O programa “Sopa de Festa”, que este luns amosaba como se viviu a Festa da Vieira de Cambados, liderou o 'prime time' en Galicia, cun 15,1% de cota, seguido por “Larpeiros”, que obtivo un 'share' do 14,1%.
Os informativos da Televisión de Galicia seguen a ser os máis seguidos polos galegos para estar ao tanto da actualidade, tal e como recolle o informe de audiencias que elabora a diario a empresa Kantar Media. No día de onte, 599.000 galegos elixiron os telexornais da Galega para informarse. Cómpre salientar nestas medicións, que o espazo máis visto do luns en Galicia foi o “Telexornal Mediodía” cunha cota do 31% e cunha Audiencia Media de 222.000 espectadores, chegando a acadar picos de seguimento superiores ao 34% de 'share'.
A TVG tamén encabezou onte o seguimento en programas de entretemento. Así, por terceiro día consecutivo, a canle pública galega foi a máis vista no 'prime time' ou faixa máis importante do día polo maior consumo televisivo, cunha cota de pantalla de 14,3%. A Galega superou, neste senso, ao seu competidor máis próximo, Tele5, en 1,9 puntos de cota; mentres que, os restantes competidores situáronse a unha distancia superior aos 3 puntos.
Fonte: T.V.G.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.